Tuesday 14 de May de 2024

O Concello promove unha iniciativa a distancia para que a rapazada poida recibir unha mensaxe dos Reis Magos


As persoas que así o desexen, poden inscribirse ata o 29 de decembro.

O Concello de Malpica promove unha iniciativa a distancia para que a rapazada poida recibir unha mensaxe dos Reis Magos no seu teléfono móbil, xa que previsiblemente para comezos do 2021 as actividades como cabalgatas e recepcións reais estarán moi restrinxidas debidas á incidencia da covid-19.
As persoas que así o desexen, poden inscribirse ata o 29 de decembro no enderezo web www.nadal2020.es . Deberase indicar un número de teléfono con mensaxería de Whatsapp e seguir os pasos necesarios para inscribir aos máis pequenos e pequenas da casa.
Esta mensaxe será personalizada, en calqueira caso, e para iso existe a posibilidade de que a persoa que inscriba ao neno ou nena en cuestión, insira unha mensaxe neste enderezo electrónico coas características singulares de cada caso.
Nun Nadal diferente, desde a concellaría de Cultura apóstase por non perder o espírito dunha festividade que provoca especial ilusión nos máis pequenos e pequenas da casa, “e para iso impulsamos esta iniciativa, que cremos que pode ter boa acollida neste contexto”, indican.